_RELATORES DO FORO [CONVIDADOS]



José António Bandeirinha

(Coimbra, 1958)

Profesor asociado do CEARC da Universidade de Coimbra. De 1978 a 1983 fixo o Curso de Arquitectura da Escola Superior de Belas Artes do Porto. Exerce profesionalmente e, desde outubro de 1989, é docente de disciplinas de Proxecto, no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciências e Tecnologia da Universidade de Coimbra. Tomando como referencia central a arquitectura e a organización do espazo, ten escrito sobre os mais diversos temas —cidade, teatro, cultura—, e editou, alén do volume Quinas vivas, mais de tres decenas de artigos en revistas e en colectáneas. Doutorouse en 2002, na Universidade de Coimbra, cunha disertación intitulada «O Processo SAAL e a Arquitectura no 25 de Abril de 1974».
                                      
Algunhas das súas obras: Quinas Vivas. Memória Descritiva de alguns episódios significativos do conflito entre fazer moderno e fazer nacional na Arquitectura Portuguesa dos anos 40 (Porto, FAUP Publicações, 1996); «Edifícios da Associação Académica de Coimbra», en Arquitectura do Século XX. Portugal (Frankfurt am Main, Deutsches Architektur-Museum Prestel, 1998); «Arquitectura Moderna. O Grau Zero da Memória», en Arquitectura Moderna Portuguesa 1920-1970 (Lisboa, IPPAR, 2004); e «Portugal do Estado Novo. Arquitectura e Política do Espírito», en El GATCPAC y su tiempo. Política, cultura y arquitectura en los años treinta (Barcelona, Fundación DOCOMOMO Ibérico, 2005).

En 2003 foi membro da Comissão Científica do Seminário Internacional de Desenho Urbano Inserções, organizado polo Centro de Estudos de Arquitectura da FCTUC, en colaboración coa Câmara Municipal de Coimbra, Metro Mondego S.A. e Coimbra Capital Nacional da Cultura 2003. En 2005, coordinou o equipo da Região Centro do proxecto IAP XX (Inquérito à Arquitectura do Século XX em Portugal), promovido pola Ordem dos Arquitectos. En 2006 foi comisario xeral e coordinador dos comisariados rexionais da Exposição Habitar Portugal 2003-2005, organizada pola Ordem dos Arquitectos. En 2006 foi comisario da exposición «Habitar Portogallo 2003-2005», integrada na 10.ª Bienal de Venecia de Arquitectura.

En 1987 obtivo unha Mención Honrosa no Concurso Público Nacional «Anteprojecto de Habitação Evolutiva», en colaboración co arquitecto Carlos Figueiredo, atribuído polo Instituto Nacional de Habitação. En 1994, o Primeiro lugar ex-æquo do Prémio de Apoio para a Recuperação e Valorização do Património Artístico, co proxecto de Restauro do Teatro Esther de Carvalho, en Montemor-o-Velho atribuído pola Fundação Calouste Gulbenkian.



Paulo Castro Seixas

(Angola)

Mestre en Socioloxía, Doutor en Antropoloxía, é profesor asociado da Universidade Fernando Pessoa e vicepresidente da ONGD Médicos do Mundo-Portugal (na cal e responsábel dos proxectos desta organización en Timor). É coordinador das posgraduacións en Intervención Humanitaria e en Políticas Públicas Urbanas. Desde o ano 2000 ten feito investigación antropolóxica en Timor, ao mesmo tempo que ten acompañado proxectos de cooperación.
                                  
Foi investigador responsábel do proxecto «Dili: Etnografia dos Códigos Sociais e Espaciais de Reconstrução de uma Capital em Situação Pós-colonial» (2000-2003); investigador responsábel de Portugal nunha investigación internacional entre 1995 e 1997 sobre «A Pós-Graduação na Europa», financiada pela Unión Europea en 8 países; foi consultor especialista na área especifica de antropoloxía, nun proxecto na área de desenvolvemento curricular, do Ministério da Educação e Cultura de Angola/Banco Mundial (1999-2000); investigador na área de Antropoloxía no proxecto «Gender-Auditing as a Mainstreaming tool: An Innovative Gender equal Opportunities Strategy in Portugal».
                                  
Son seus os libros Timor-Leste. Viagens, Transições, Mediações (Porto, Universidade Fernando Pessoa, 2006); Relações e Situações Críticas na Enfermagem (con Pedro Pereira; Porto, Univ. Fernando Pessoa, 2005); O Figurado: Uma visão do Mundo (con Paulo Providência; Barcelos, Museu de Olaria, 2002); O Futuro do Passado — Timor Lorosae (con Ana Gomes e José Manuel Garcia; Lisboa, Centro Nacional de Cultura/APAD, 2002 [edicións en inglés e en portugués]) e A Carreira dos Professores — Constrangimentos, Oportunidades e Estratégias (Porto: Universidade Fernando Pessoa, 1997).

Ten colaborado en numerosas revistas científicas e congresos, e dirixiu varios filmes documentais de tipo etnográfico, como Cris: Uma História de Timor (con Susana Gaspar, 2003) ou Umane Mane Foun – O Regresso dos Rituais (2004).



Hamma Mohamed Cori Emhamed

Alcalde da daira de Farsia, pertencente ao campamento de refuxiados saharauís de Smara.



Juan Luis Dalda

Doutor en arquitectura e urbanista. É profesor titular de Urbanística e Ordenación do Territorio na Universidade da Coruña. En 1978, con Ánxel Viña, formou a Oficina de Planeamento na Coruña. Con este grupo desenvolveu traballos de planificación urbanística para distintos municipios, entre eles os de Ferrol, Oleiros, Santiago de Compostela, Madrid e a Asociación de Cidades do Eixo Atlántico.

Ten o Premio Europeo de Urbanismo [1997-98] polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. En 2006 publicou xunto con Manuel G. Docampo e Javier G. Harguindey o libro Cidade difusa en Galicia.

Participou en volumes colectivos como Voces en Compostela (dirixido por Xosé A. Perozo; Santiago de Compostela: Consorcio da Cidade, 1993), Estudios del Plan estratégico de Vigo y su área de influencia (dirixido por Xosé María Mella Márquez; Vigo: Consorcio de la Zona Franca, 1994), Estrategias para Galicia (coordinado por J. Álvarez Corbacho; A Coruña: La Voz de Galicia, 1994), Santiago de Compostela, la ciudad histórica como presente (editado por Carlos Martí Arís; Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, 1995), Infraestructuras y desarrollo regional: efectos económicos de la Autopista del Atlántico (dirixido por E. Pérez Touriño; Madrid: Civitas, 1997), Liber: de libros y liberdades (homenaje al librero Enrique Molist) (editado por Sergio Vences Fernández; A Coruña: Universidade da Coruña, 1999), Santiago de Compostela: arquitecturas del siglo XX (coordinado por Xosé Allegue; Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2001) ou Las infraestructuras de comunicaciones y transportes en el desarrollo territorial de Galicia (dirixido por José Antonio Díaz Fernández e Rubén C. Lois González; Pontevedra: Deputación, 2004) e coordinou outros proxectos como Parque do río Cádavo, Fene: ideas para o seu acondicionamiento urbanístico (Pontedeume: López Torre, 1989), O Sistema Urbano do Eixo Atlántico (Porto: Cámara Municipal, 1996). Foi tamén un dos coordinadores do Proxecto Terra, conxunto de accións didácticas para o ensino secundario promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia.
                                  
Ten colaborado con revistas como Grial, Cadernos A Nosa Terra, Obradoiro, Ruptura, Tempos Novos e a Revista Galega de Ciencias Sociais.



Francisco José Lopes de Sousa Diniz
(Lourenço Marques, Moçambique, 1954)
 
Doutor en Economía. A súa principal área científica de investigación é crecemento e desenvolvemento económico, así como o desenvolvemento rexional. É profesor asociado na Universidade de Trás-os-Montes/Alto Douro (UTAD).
           
Ademais de participar en numerosos congresos, organizou distintas reunións científicas internacionais, como o «Seminário Agro-indústrias: Distribuição ˜ Estratégias face ao Mercado Único» (1993), «A Economia Portuguesa na Viragem do Século: O Euro e a Globalização ˜ as (in)certezas de um processo» (1999), o VIII Encontro Nacional da APDR, baixo o tema «Desenvolvimento e Ruralidades no Espaço Europeu» (2001) ou o 5.º Encontro Internacional do Projecto de Investigação Markettowns (2003).
            
Colaborou nos libros Compêndio Economia Regional (coordinado por José Silva Costa, Coimbra: APDR, 2002), Colectividades Territoriais, Financiamento e Cooperação Transfronteiriça (2002) e Ensaios de Homenagem a António Simões Lopes (Lisboa: Universidade Técnica de Lisboa, 2006), e seu é o volume Crescimento e Desenvolvimento Económico: Modelos e Agentes do Processo (Lisboa: Edições Sílabo,  2006). Ten participado ademais en diversas revistas, tales como Interações ˆ Revista Internacional de Desenvolvimento Local, Gestão e Desenvolvimento, Episteme e a Revista Portuguesa de Estudos Regionais.



Manuel García Docampo

Profesor titular na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. É autor dos libros A construcción social do territorio galego (Santa Comba: TresCtres, 2003) e El concepto y la medida de las desigualdades sociales (A Coruña: Universidade da Coruña, 2000), así como de diversas colaboracións en revistas especializadas, como o artigo «As novas áreas de expansión urbana na Galicia contemporánea», asinado con Juan Luis Dalda, na Revista Galega de Ciencias Sociais (n.º 1, 2003).
                                  
Participou ademais en diversos congresos e obras colectivas, como o tomo II de Expectativas de la Sociedad del Bienestar (Oviedo: Asociación Asturiana de Sociología, 1993) ou Homo peregrinus (dirixido por Antón Alvarez Sousa; Vigo: Xerais, 1999).
                                  
Ten escrito artigos para outras publicacións como Encrucillada, Crítica, Empiria ou Sistema.



Plácido Lizancos

(Caracas, Venezuela, 1962)

Doutor en Arquitectura pola Universidade da Coruña, a mesma en que estudou a carreira, coa tese «As migracións na conformación da casa labrega contemporánea», recoñecida co Premio Extraordinario da universidade. Subdirector da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Enfocou os seus temas de estudo cara á investigación da arquitectura popular e tamén á arquitectura de autor.

Autor dos libros Migracións, sociedade e arquitectura, o caso galego (A Coruña: Universidade da Coruña, 2003) e A casa contemporánea en Galicia (A Nosa Terra, 2005), coordinou o ensaio e exposición Le Corbusier, viaxe ó mundo dun creador a través de vintecinco arquitecturas (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1997). Participou tamén en volumes colectivos como Identidades multiculturais, revisión dos discursos teóricos (editoras: Ana Bringas López e Belén Martín Lucas; Vigo: Universidade de Vigo, 2000), 25 anos de medio ambiente e ecoloxismo na Galiza (coordinado por Manuel Soto Castiñeira; Santiago de Compostela: ADEGA, 2001) ou 25 casas de Galicia: arquitecturas da urbanización difusa (coordinado por Antonio García Fernández; A Coruña: Edicións Espontáneas, 2005), e en congresos como Galicia-Cuba, un patrimonio cultural de referencias y confluencias (Santiago de Compostela, 1999; actas editadas por Concha Fontenla San Juan e Manuel Silva; Sada: Ediciós do Castro, 2000).

Foi redactor da revista de arquitectura Obradoiro durante dez anos, e colaborou como articulista en A Nosa Terra e El Ideal Gallego. En 1986 gañou un accésit no Premio Nacional de Urbanismo na súa modalidade de divulgación.



Meir Margalit

Doutor en historia israelí. Nacido no seo dunha familia sionista en Bos Aires (Arxentina), aínda que residente en Israel desde 1972. Aos 18 anos alistouse na sección de infantaría do exército para defender a creación do Estado de Israel. Resultou ferido en outubro de 1973, durante a guerra de Yom Kippur, e tras un período de reflexión decidiu comezar a colaborar coa poboación árabe para alcanzar a convivencia en paz. Posteriormente matriculouse na Universidade de Xerusalén e doutorouse en historia israelí, na cal Margalit encontra un momento clave: o 5 de xuño de 1967. «A intervención israelí nos territorios palestinos é froito dunha dexeneración política, ética e social que comezou ese día, co inicio da Guerra dos Seis Días», asegura.

Tras o seu período como estudante, Margalit fundou a organización Peace Now co fin de alcanzar un estado xudeu democrático que incluíse tamén a participación dos cidadáns palestinos. Por outra parte, tamén creou un partido político de esquerda, denominado Meretz, e conseguiu acceder ao consello municipal da cidade de Xerusalén. Tras a súa estadía no concello, fundou o Comité Israelí Contra as Demolicións (ICAHD), que trata de reconstruír as edificacións árabes que son destruídas polas forzas israelís. Ademais, intentan defender a causa na Corte de Xustiza israelí, e conseguiron paralizar algunhas ordes de derribo.

Cando non logran paralizar este proceso, que destrúe centenares de edificacións palestinas cada ano, póñense mans á obra e tentan erguer de novo algunhas das casas derrubadas polos bulldozers. Consideran esta reconstrución un acto de desobediencia civil e un xesto político. Para un palestino unha casa é moito máis que unha suma de ladrillos: todo xira arredor do seu fogar e da súa terra, e se se derruban as súas casas destrúese unha das bases da súa existencia.

Actualmente Margalit é coordinador do Movemento polos Dereitos Humanos Israelí e asesor das Nacións Unidas en temas relacionados con Xerusalén.



Maria Aparecida Perez

Licenciada en Ciencias Sociais pola Universidade de São Paulo.

Secretaria de Educação na alcaldía de São Paulo durante o mandato de Marta Suplicy e a implantación dos Centros Educacionais Unificados (CEU), estabelecementos educacionais de gran porte con varios servizos e actividades especiais (teatro, piscina, polideportivos), localizados en áreas carentes da cidade e para o uso de toda a poboación.

Foi anteriormente, entre outros moitos cargos, consultora para o Bairro Escola da Prefeitura de Nova Iguaçu e para a Escola Integral de Belo Horizonte, ambos os proxectos baseados no concepto CEU; Diretora de valiação e indicadores da Secretaria de Educação Continuada, Alfabetização e Diversidade do Ministério de Educação e Cultura do Brasil; Asesora da Presidência da República do Brasil no proxecto Casa Brasil, a partir do concepto CEU; directora do Departamento de Administração de FUNDESP, da Secretaria Estadual da Educação de São Paulo, coordinando o proxecto «Salário Educação»; asesora técnica da Secretaria Estadual da Cultura do Estado de São Paulo; e asesora da Coordenadoria de Planejamento Ambiental da Secretaria Estadual do Meio Ambiente.
Colaborou nos libros Participação da Geologia no Planejamento e Desenvolvimento do Vale do Ribeira e Litoral Paulista (con C. Maretti e A. C. P. Lemos; São Paulo: Sudelpa, 1985), Descentralização e Reformas no Ensino Fundamental (volume 2: Instrumentos de Gestão Municipal) (Secretaria de Estado da Educação/Fundap, 1997), Políticas de Inclusão Social (coordinado por Márcio Pochmann; São Paulo: Editora Cortez, 2004), São Paulo ˆ Metropole em Trânsito, Percursos Urbanos e Culturais (coordinado por Cândido Malta Campos, Lucia Helena Gama e Vladimir Sachetta; Editora SENAC, 2004), Orçamento Participativo Criança (coordinado por Angela Antunes; Instituto Paulo Freire e Sec. Municipal de Educação de São Paulo, 2004), Educar para a Igualdade ˆ Gênero e Educação Escolar (coordinado por Tatau Godinho e Maria Lúcia da Silveira; Coordenadoria Especial da Mulher e Sec. Municipal de Educação de São Paulo, 2004) e Espaço Urbano e Inclusão Social ˆ A gestão pública na cidade de São Paulo 2001-2004 (coordinado por Ricardo Gaspar, Marco Akermam e Roberto Garibe; Editora Perseu Abramo, 2006), ademais de en numerosos congresos e revistas. Promoveu, alén diso, moitas publicacións da Secção Municipal de Educação de São Paulo.


Alessandro Petti / Sandi Hilal


Sandi Hilal
(Belén, Palestina, 1973)

Doutora en Arquitectura; a súa tese de doutoramento xirou sobre o tema «Políticas transfronteirizas na vida diaria» na Universidade de Trieste (Italia). Estudou na Universidade IUAV de Venecia, onde fixo un mestrado sobre planeamento urbano, e despois trasladouse á Universidade de Sapienza, en Roma, para cursar outro sobre «Xestión e control da intervención da regulación e a recualificación de áreas urbanas no Terceiro Mundo». Entre 2001 e 2005 foi profesor axudante nos cursos de Hans Ulrich Obrist e Stefano Boeri na Facultade de Arte e Deseño da Universidade IUAV de Venecia.


Alessandro Petti
(Pescara, Italia)

Arquitecto. Graduouse co traballo «The Venice Biennale: the exposition as a metaphor of city and society». Entre 2001 e 2005 foi profesor axudante en Artes Visuais e Estudos Urbanos na Universidade IUAV. En 2006 obtivo o título de investigador doutoral en urbanismo na Universidade IUAV de Venecia coa tese «Archipelagos and Enclaves. The transformation of the contemporary spatial order».

En 2001 foi invitado a participar no Comité de Orientación da IX Bienal de Arquitectura de Venecia. Coordinou o proxecto «Venice Utopia Seminar» con Stefano Boeri e Hans Ulrich Obrist.

Xuntos desenvolveron pro-xectos como a exposición «Stateless Nation» (subtitulada «Relacións contemporáneas entre territorio, estado e poboación») dentro da Bienal de Venecia (2002-2005), ou «Borderdevices (with Multiplicity)» (subtitulada «Proliferacións de límites en cidades e territorios contemporáneos»), na Universidade IUAV de Venecia.

Publicaron o libro Senza Stato una Nazione (Venecia: Marsilio, 2003) e colaboraron en revistas como Archis, Domus, Una Città.



Ignacio Ramonet

(Redondela, 1943)

Xornalista especializado en relacións internacionais e globalización asentado en Francia. Viviu súa infancia en Tánxer. Estudou enxeñaría en Bordeos, Rabat e París, e socioloxía na Escola de Altos Estudios Sociais de París. Interesado polo cinema, traballou perto de Roland Barthes e Christian Metz. Escribe en Cahiers du Cinéma e crítica de cine en Libération. É doutor en Semioloxía e Historia da Cultura e catedrático de Teoría da Comunicación. Especialista en xeopolítica e estratexia internacional e consultor da ONU. Actualmente imparte clases na Sorbona de París. Profesor da teoría da comunicación na Universidade Denis-Diderot (París VII). Foi profesor invitado das universidades Carlos III (Madrid), Bos Aires, Valencia, San Petersburgo, Cuba, Porto Rico, Santo Domingo, etc. É doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1999 dirixe Le Monde Diplomatique e Manière de Voir. É un dos principais pensadores críticos co proceso de globalización.

Co-fundador de Attac, movemento internacional para o control democrático dos mercados financeiros e das súas institucións (creado nunha reunión internacional en París en 1998) e de Media Watch Global (2002), resultado das conclusións do II Foro Social Mundial de Porto Alegre, do cal foi promotor.

Foi premiado en numerosas ocasiones e é autor de varios libros, a maioría traducidos a diversas linguas, entre os que destacan: La golosina visual (1985 e 2000), Cómo nos venden la moto (con Noam Chomsky, 1995), Il Pensiero Unico (con Fabio Giovannini e Giovanna Ricoveri, 1996), Nouveaux pouvoirs, nouveaux maîtres du monde (1996), Un mundo sin rumbo (1997), Rebeldes, dioses y excluidos (con Mariano Aguirre, 1998), La tiranía de la comunicación (1999), Propagandas silenciosas (2002), Guerras del siglo XXI (2002), Irak, historia de un desastre (2004), ¿Qué es la globalización? (con Jean Ziegler, Joseph Stiglitz, Ha-Joon Chang, René Passet e Serge Halimi, 2004), ou Fidel Castro: biografía a dos voces (2006).



Francesco Tonucci

(Fano, Italia, 1940)

Diplomado en maxisterio en 1958; en 1963, licenciouse en pedagoxía, na Universidade Católica de Milán. Aos 28 anos recibiu a súa primeira distinción nese campo e comezou a satirizar a realidade da escola a través do humor gráfico baixo o pseudónimo «Frato». As súas viñetas, que continúa a facer desde entón, foron xa recompiladas en seis volumes e traducidas a castelán, catalán, francés, portugués e galego.

Traballou como mestre de escola primaria e, en 1966, converteuse en investigador no Instituto Psicolóxico do CNR (Consello Nacional de Investigación), do cal presidiu en 1982 o Departamento de Psicopedagoxía, que leva adiante o programa de educación ambiental, cuxo obxectivo é crear unha base de datos para e polos nenos.

O interese das súas investigacións céntrase no desenvolvemento cognitivo dos rapaces, o pensamento infantil e o seu comportamento e a relación entre a cognición dos nenos e a metodoloxía educacional.

En 1991 desenvolveu na súa vila natal, Fano, o proxecto «Cidade dos Nenos», considerado unha nova forma de concibir a cidade, cos nenos como punto de referencia. O proxecto tivo moito éxito, e estendeuse a diversos puntos do mundo, en cidades de Italia, España e Arxentina, onde foi consultor da Unicef para o proxecto. Desde 2001 é responsábel científico do taller «Roma, la città dei bambini».

De 1992 a 1998 foi responsábel do proxecto Andrea, promovidos polos ministerios de Ambiente e de Educación italianos.

En 1997 foi nomeado presidente do TV-Bambini (Comité Italiano de Televisión e Menores, dedicado á protección dos nenos), do cal dimitiu «por desesperación» en 1999.

En 2003 foi nomeado Profesor Honoris Causa de Ciencias da Educación pola Universidade Pontificia de Lima (Perú).

É membro do comité de redacción das revistas European Journal of Psychology of Education, Investigación en la Escuela, Cooperazione Educativa e Conflitti.

Entre as súas obras, podemos salientar, entre outras: Por una escuela alternativa (Guix, 1978), Con ojos de niño (Barcanova, 1983), Niño se nace (Barcanova, 1988), Cómo ser niño (Barcanova, 1989), ¿Enseñar o aprender? La escuela como investigación, quince años después (Graó, 1990), La soledad del niño (Barcanova, 1994), La ciudad de los niños: un modo nuevo de pensar la ciudad (Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 1998) e Cuando los niños dicen ¡basta!  (Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2003).