A. OBXECTIVOS
I. Reflexiónar sobre a relación dramática home-territorio na presente etapa; o «feísmo», síntoma de territorios en tensión: guerra, sobreexplotación, sobrepoboación, especulación; o lugar e o non-lugar; as migracións, os muros e o «outro»; a incidencia da virtualidade; iniciativas de resistencia.

II. Relatores galegos: avanzar na análise do fenómeno en Galiza e reflexionar sobre a súa pertenza ou non a unha situación «globalitaria»; alternativas posíbeis.

III. Ofertar Galiza desde a Consellería de Vivenda e Solo do Goberno Galego como sede para ‘pensar’ o fenómeno.


B. RELATORES DO FORO


Relatores convidados [biografías]
Antonio Bandeirinha, Paulo Castro Seixas, Hamma Mohamed Cori, Juan Luis Dalda, Francisco Diniz, Manuel García Docampo, Sandi Hilal, Plácido Lizancos, Meir Margalit, María Aparecida Pérez, Alessandro Petti, Ignacio Ramonet, Francesco Tonucci.

Comité científico [biografías]
Antón Baamonde, Alexandre Alves Costa, Manuel Gallego Jorreto, Rubén Lois, Xerardo Pereiro, Teresa Táboas.

Comité asesor [biografías]
Xan Creus, Álvaro Domingues, Sérgio Fernández, Camilo Franco, Pablo Gallego, Xosé Lois Martínez Suárez, Begoña Muñoz, Chus Pato, Xosé Carlos Sierra, Xesús Vázquez.


C. DATAS, LUGAR


4, 5 e 6 de maio de 2007
Ourense, Galiza. Centro Cultural Deputación Ourense.