O II FORO DO FEÍSMO CONCLÚE CON ÉXITO
OS CONTIDOS DO FORO DARÁN LUGAR A UNHA PUBLICACIÓN
O II Foro Internacional do Feísmo, «Construír un País: a rehumanización do territorio», deu lugar a interesantes intervencións e debates.
As mesas de que se compuña o programa comezaron coa exposición, por parte dos profesores da Escola de Arquitectura da Coruña Pablo Gallego e Xan Creus, dos resultados da pescuda realizada en 15 puntos de Galiza a través dun taller con outros tantos alumnos; analizáronse casos concretos de desordes urbanísticas de todo tipo, na súa maior parte, paradoxalmente, cumprindo coa legalidade vixente.
A partir dese momento, foron sucedéndose as intervencións de relatores e público. O arquitecto e profesor de urbanismo Xosé Lois Martínez Suárez analizou o caso do val de Elviña na cidade da Coruña como exemplo do avance voraz dun modelo de cidade en que son hexemónicas as estruturas do transporte, e as posibilidades de ofrecer outro discurso e outros resultados prácticos desde a propia Universidade.
En termos parecidos, aínda que de tipo máis xenérico, reflexionou o politólogo Ignacio Ramonet, que falou da evolución histórica da cidade no ámbito mundial, cos problemas que supoñen as grandes concentracións urbanas (que fan mesmo desaparecer o concepto de «cidadanía»), como o da comunicación, no seu sentido máis amplo, e o da especulación, que divide e estratifica socialmente os seus habitantes. Non esqueceu que ademais a cidade é campo de batalla para as guerras contemporáneas.
Manuel Gallego Jorreto, arquitecto, reivindicou unha mirada sensíbel na arquitectura, tanto no social como no artístico; falou da necesidade dunha ordenación urbanística de carácter supramunicipal, para evitar moitos dos problemas do planeamento actual, e, finalmente, concluíu que o feísmo non son as casas mal feitas ou pobremente rematadas, senón os procesos que levan a ese estado de cousas.
O arquitecto portugués Alexandre Alves Costa reivindicou unha actitude comprometida e de cambio por parte da arquitectura contra o avance do capitalismo salvaxe e os seus efectos, e lembrou as truncadas iniciativas renovadoras ao respecto no Portugal da «Revolução dos Cravos».
O arquitecto portugués Sergio Fernández acerca dos muros divisorios no mundo actual, e sobre a falta na cidade contemporánea de lugares para o encontro, para a vida, coa prioridade dada ás comunicacións mediante automóbil, e a creación nelas de espazos sen atributo; para a solución deste situación chamou a atención sobre a necesidade dunha nova dirección política global.
Juan Luis Dalda, profesor de urbanística e ordenación do territorio, falou sobre a «urbanización difusa», analizando a heteroxeneidade demográfica de Galiza e avogando polo desenvolvemento das áreas metropolitanas como dinamizadoras do territorio.
O xeógrafo Álvaro Domingues reflexionou sobre a necesidade de pensar os barrios, e non só o centro das cidades. A partir dun traballo realizado sobre vistas aéreas de cidades portuguesas, Domingues concluía que as persoas que vían as súas cidades desde o aire acababan sentindo unha dobre perda: nin encontraban nelas o que entenden como unha cidade histórica, nin a estruturación tradicional do territorio rural. Considerou que habería que definir o territorio hoxe en día como «transxénico».
O economista Francisco Diniz referiu os procesos e resultados dun proxecto de investigación sobre desenvolvemento sustentábel en cidades medias e pequenas de varios países europeos, achegando entre outras conclusións que son as cidades de carácter agrícola as que mellor promoven o desenvolvemento local, máis que as periurbanas e as turísticas.
O antropólogo Paulo Castro Seixas teorizou sobre os modos en que se xestiona a cidade, propondo a substitución do «modelo de competencias» polo da «xestión aberta de intereses»; o paso da estrutura piramidal de gobernación a outra que prime as relacións de horizontalidade. O tamén antropólogo Xerardo Pereiro falou sobre a dicotomía entre rural e urbano en Galiza, unha discusión que no noso país leva existindo desde o século XIX, e fixo un repaso ás varias alternativas existentes para salvar a confrontación entre ambas.
No capítulo de actuacións que poden servir de exemplos dinamizadores, José António Bandeirinha, arquitecto, falou sobre a experiencia mencionada por Alves Costa na súa intervención: o «Processo SAAL», desenvolvido en Portugal nos anos setenta. Tratouse dun programa de apoio á construción de vivendas promovido por asociacións de veciños, lanzado polo primeiro goberno provisorio da democracia. Ao abrigo deste programa foron construídos en Portugal varios conxuntos de vivendas, nunha iniciativa de grandísimo interese.
O pedagogo italiano Francesco Tonucci titulou o seu relatorio «A cidade sen nenos é fea»; nel insistiu nas bases en que se fundamenta o seu proxecto «A cidade dos nenos»: a cidade actual está pensada para os adultos e os automóbiles, e non para os nenos, e, non obstante, os nenos precisan vivir a cidade para poderen crecer; é necesario, por tanto, pensar a cidade tamén para os nenos como forma de humanización.
Maria Aparecida Perez, especializada tamén en temas de pedagoxía, contou a súa experiencia como secretaria de educación na alcaldía de São Paulo durante a implantación dos «Centros Educacionais Unificados (CEU)», estabelecementos educativos que inclúen varios servizos e actividades especiais (teatro, piscina, polideportivos), localizados en áreas carentes da cidade, para o uso de toda a poboación.
A parte máis internacional do Foro abriuno a experiencias que traían á palestra a situación doutros territorios tensionados, co propósito de facer o estudo de até que grao situacións tan extremas teñen puntos de coincidencia coas que coñecemos no noso contorno. Así, interveu Hama Mohamed Cori, Hama Bunia, alcalde dun dos campamentos de refuxiados saharauís en Alxeria, que falou sobre os problemas de subsistencia do seu pobo nesas condicións. Meir Margalit, historiador e activista israelí a prol da causa palestina, a través da ONG Comité Israelí Contra as Demolicións (ICAHD) —que trata de reconstruír as edificacións árabes que son destruídas polas forzas israelís—, falou sobre política urbana na cidade de Xerusalén mediante o estudo dos seus carteis informativos e de como hai unha política preestabelecida de ocultación da presenza de elementos árabes na cidade; e non esqueceu falar do problema do muro que divide as dúas zonas do país. Pola súa parte, a palestina Sandi Hilal e o italiano Alessandro Petti, arquitectos, falaron da súa experiencia tamén nos Territorios Ocupados e o que eles consideran o «Estado Permanentemente Provisional de Palestina», a través da análise de asentamentos, muros, circunvalacións «e outros aparellos de destrución masiva», especialmente no relativo ás dificultades de mobilidade que teñen os palestinos para os traslados máis básicos.
A clausura do Foro estivo a cargo da poeta Chus Pato, quen leu un texto elaborado ao longo destes tres días en que resumiu de forma moi acertada todos os elementos que saíron á palestra nestas xornadas de transmisión de ideas e reflexións.
A organización deste II Foro do Feísmo valora de forma moi positiva os resultados, a brillantez e mesmo a enerxía que transmitiron os participantes nas súas exposicións e nos debates posteriores. Todo o decorrer do Foro foi rexistrado videograficamente, e as achegas dos seus participantes serán publicadas en forma de libro proximamente.
O interese suscitado polo tema e a evidencia do seu carácter non só galego foron tales que existe xa a posibilidade de que se desenvolvan foros ligados ao tema tanto en Portugal (Porto) como no Brasil (São Paulo).